mércores, 2 de marzo de 2016

Feminismo para avanzar. 6 de marzo, ás 12 horas: Manifestación en Santiago de Compostela

 



Reiteramos este chamado aberto a apoiar e participar desta convocatoria unitaria na que as mulleres feministas galegas sairemos de novo xuntas para exixirmos:
  • O rexeitamento unánime a un modelo heteropatriarcal de muller única, privada e doméstica, así como a invisibilidade e explotación do traballo reprodutivo e dos coidados.

  • Unha organización política, social e económica que poña no centro ás persoas. A reorganización social dos coidados e a aposta polo ben vivir.

  • O exercicio dunha sexualidade libre e diversa. Unha educación afectivo-sexual non determinista, non bioloxicista e igualitaria que garanta o libre desenvolvemento das identidades de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, así como o mantemento de relacións afectivas e sexuais elixidas, respectuosas, pracenteiras e saudábeis.

  • O recoñecemento de todas as familias e modelos de convivencia, así como a creación de redes de afectos, apoio mutuo e sororiedade.

  • O incuestionábel dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos, afectos, sexualidade, e maternidades, sendo obriga dos poderes públicos garantir o acceso libre, seguro e gratuíto ao aborto eliminando calquera restrición lexislativa, garantindo este dereito para as mulleres mozas.

  • Un Estado laico, que garanta os dereitos humanos e a pluralidade de todas as persoas.

  • A garantía por parte dos poderes públicos dunha vida libre de todas as violencias machistas e discriminacións para todas as mulleres.

En definitiva exiximos o dereito a desenvolvermos un proxecto de vida en liberdade e equidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario