domingo, 6 de marzo de 2016

O feminismo nas rúas de Compostela o 6 de marzo. Polo dereito a un proxecto de vida en liberdade e igualdade



Festa, unidade e reivindicación

Dicía Rosalía:

Lieders

"¡Oh, no quiero ceñirme a las reglas del arte! Mis pensamientos son vagabundos, mi imaginación errante y mi alma sólo se satisface de impresiones.

Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.

Silvia Díaz e Lucía Vázquez

Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árboles en el desierto y el pirata en la mar."

Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento, que se alza hasta el cielo y desciende hasta la tierra, sobervio como el Luzbel y dulce como una esperanza.
Cuando los señores de la tierra me amenazan con unha mirada, o quieren marcar mi frente con unha mancha de oprobio, yo me río como ellos se ríen y hago, en apariencia, mi iniquidad más grande que su iniquidad. En el fondo, no obstante, mi corazón es bueno; pero no acato los mandatos de mis iguales y creo que su hechura es igual a mi hechura, y que su carne es igual a mi carne.

* * *
Yo soy libre. Nada puede proteger la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino..."



mércores, 2 de marzo de 2016

Feminismo para avanzar. 6 de marzo, ás 12 horas: Manifestación en Santiago de Compostela

 



Reiteramos este chamado aberto a apoiar e participar desta convocatoria unitaria na que as mulleres feministas galegas sairemos de novo xuntas para exixirmos:
  • O rexeitamento unánime a un modelo heteropatriarcal de muller única, privada e doméstica, así como a invisibilidade e explotación do traballo reprodutivo e dos coidados.

  • Unha organización política, social e económica que poña no centro ás persoas. A reorganización social dos coidados e a aposta polo ben vivir.

  • O exercicio dunha sexualidade libre e diversa. Unha educación afectivo-sexual non determinista, non bioloxicista e igualitaria que garanta o libre desenvolvemento das identidades de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, así como o mantemento de relacións afectivas e sexuais elixidas, respectuosas, pracenteiras e saudábeis.

  • O recoñecemento de todas as familias e modelos de convivencia, así como a creación de redes de afectos, apoio mutuo e sororiedade.

  • O incuestionábel dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos, afectos, sexualidade, e maternidades, sendo obriga dos poderes públicos garantir o acceso libre, seguro e gratuíto ao aborto eliminando calquera restrición lexislativa, garantindo este dereito para as mulleres mozas.

  • Un Estado laico, que garanta os dereitos humanos e a pluralidade de todas as persoas.

  • A garantía por parte dos poderes públicos dunha vida libre de todas as violencias machistas e discriminacións para todas as mulleres.

En definitiva exiximos o dereito a desenvolvermos un proxecto de vida en liberdade e equidade.


martes, 1 de marzo de 2016

XV Asemblea do BNG. Carlos Aymerich. Falemos de refundación

Carlos Aymerich, en representación de Abrente, na defensa da emenda á totalidade na XV Asemblea do BNG (3ª parte):

"O fin de todos os nacionalistas é unha Galiza soberana, próspera e xusta. Os medios son os diferentes"

"O tempo das vangardas rematou"
"O frentismo supón que a candidatura da próxima dirección non se debateuf nos órganos do BNG senón na dirección dun dos partidos integrantes"
"Non pode haber militantes de primeira e de segunda"


Carlos Aymerich (3ª parte)


Carlos Aymerich (Intervención completa)

XV Asemblea do BNG. Carlos Aymerich. Falamos de confluír

Carlos Aymerich, en representación de Abrente, na defensa da emenda á totalidade na XV Asemblea do BNG (2ª parte):

"Falamos de confluír con aquel espazo co que podemos confluír, onde hai tamén nacionalistas e onde está a xente que votou ao BNG noutras ocasións"
"Non se aceptan travesías do deserto"
"Non podemos dicir que o electoral é secundario. Senón montemos un clube de debate"
"Este BNG é o que lle gusta ao PP"


Carlos Aymerich (2ª parte)


Carlos Aymerich (Intervención completa)

XV Asemblea do BNG. Fala Carlos Aymerich. Descrición da situación do BNG


Carlos Aymerich, en representación de Abrente, na defensa da emenda á totalidade na XV Asemblea do BNG (1ª parte):

“O 4,3% do voto supón quedar fóra do Parlamento galego”
“Non falar disto é dar un cheque en branco á dirección para que tome decisións e despois lle bote a culpa aos medios de comunicación”
“Non houbo asunción de responsabilidades. Isto é unha crítica que busca unha rectificación ás decisións políticas que veñen de Amio”
“Na candidatura oficial está o núcleo duro dos que dirixiron o BNG nestes anos. É súa a estratexia que nos trouxo ata aquí”

Carlos Aymerich (1ª parte)
Carlos Aymerich. Intervención completa

XV Asemblea do BNG. Fala Suso Veiga


Fala Suso Veiga:
"Quero que comece un proceso constituínte dunha mudanza revolucionaria no nacionalismo galego"
"O BNG acertou máis cando foi capaz de tecer un consenso"

Suso Veiga
 
 

XV Asemblea do BNG. Intervencións na Asemblea de Rubén Cela, Alba Nogueira, Carme Adán e Tereixa Paz, Adrián Dios, Olaia Fernández Davila, Xavier Macías, Francisco Chivite, Tereixa Novo e saúdo a Xavier Vence


Presentamos os seguintes vídeos de intervencións da XV Asemblea do BNG:


1. Rubén Cela defende o relatorio oficial e replica á emenda á totalidade de Abrente presentada por Carlos Aymerich e aos votos particulares de Alba Nogueira, Carme Adán e Tereixa Novo
2. Intervención de Alba Nogueira
3. Intervención de Carme Adán e Tereixa Paz
4. Intervención de Adrián Dios
5. Intervención de Olaia Fernández Davila
6. Intervención de Xavier Macías
7. Intervención de Francisco Chivite
8. Intervención de Tereixa Novo
9. Saúdo da asemblea na despedida de Xavier Vence como portavoz nacional

 Rubén Cela

Alba Nogueira

Carme Adán e Tereixa Paz

Adrián Dios

Olaia Fernández Davila

Xavier Macías

Francisco Chivite

Tereixa Novo

Saúdo da Asemblea a Xavier Vence

mércores, 24 de febreiro de 2016

Emenda á totalidade presentada por Abrente. XV Asemblea Nacional do BNG

Achegamos o texto da emenda á totalidade ao relatorio do Consello Nacional para a XV Asemblea Nacional do BNG.

Esta emenda, clara e concreta, é unha oportunidade para o nacionalismo no seu conxunto. Un reinicio.

Senta as bases para que o BNG se incorpore a un proxecto maioritario e útil para os galegos e galegas, sexa agora ou máis adiante.

Abrente acordou tamén apoiar os Votos Particulares en canto dan osíxeno a un relatorio oficial decepcionante e iñorante do momento que vivimos.

O nacionalismo ten que unirse, contribuír de forma decisiva a expulsar do poder ao PP e alcanzar o goberno para defender os nosos sectores produtivos, a nosa cultura, loitar contra o precariado, buscar a igualdade das persoas e o noso futuro como nación.

TEXTO DA EMENDA:



Emenda á totalidade do Relatorio aprobado polo CN para a XV AN do BNG


  1. Unha situación extraordinaria
Debemos asumir que o BNG atravesa unha situación de emerxencia. As últimas eleccións xerais puxeron fin a vinte anos de presenza do BNG no Parlamento español. De se repetiren nas próximas eleccións galegas estes resultados (o 4,3% do voto válido), o BNG ficará tamén sen representación no Parlamento galego.
En van agardamos que a dirección do BNG realizase algunha autocrítica ou asumise a súa responsabilidade por estes desastrosos resultados facendo o que, nun sistema democrático, cabe esperar de quen non é capaz de lograr os obxectivos propostos: a demisión. Mais isto non é o máis grave: o realmente preocupante é que a dirección do BNG semella incapaz de oferecer unha análise política minimamente seria ou, cando menos, de dar algunha explicación que non sexa botar a culpa aos votantes, a outras forzas políticas ou a un sistema mediático pouco afín ao nacionalismo.
Procúranse fóra as responsabilidades que non se queren asumir dentro para evitar que trascenda aquilo que para moitos militantes e simpatizantes xa resulta evidente: a situación do BNG é consecuencia tamén, en boa medida, dunha liña política e dunhas decisións políticas determinadas. É por iso que o debate principal nesta asemblea debe xirar arredor de se hai ou non vontade de corrixir esa liña política e, de se facer, afrontar con valentía as mudanzas necesarias.
É por iso que propomos que esta AN se celebre como extraordinaria, de forma que non se escolla portavoz nacional e que, en vez de executiva e de consello nacional, se designe unha xestora provisoria á que se lle encomende levar á práctica as decisións que a AN adopte en dous planos:
  • No electoral, iniciando de imediato as xestións conducentes á confluencia electoral co espazo de “En Marea”, isto é, á constitución dunha candidatura unitaria de esquerdas e nacionalista para as próximas eleccións galegas.
  • No político-estratéxico, dando os primeiros pasos para a refundación do nacionalismo de esquerda na Galiza, a comezar polo non recoñecemento de colectivos e partidos no seo do BNG (recomendando a quen neles2 milite que procedan a os disolver) e, moi especialmente, a superación dunha estrutura frentista que asume como natural a existencia de partidos-guía ou de vangardas organizadas.
De se aprobar esta emenda, a xestora será elixida pola AN da forma prevista no regulamento para a elección do CN.
  1. O urxente: a confluencia electoral
Non se trata de mirar polo BNG. Trátase de mirar polo país e de responder ao que moitos nacionalistas nos están a demandar: que poñamos o noso grao de area na construción dunha maioría nacionalista e de esquerda no Parlamento de Galiza, expulsando do goberno ao PP. Por iso é urxente confluirmos xunto con outras forzas nunha candidatura unitaria nas próximas eleccións galegas.
Sabemos que hai contradicións entre os diferentes proxectos presentes no seo de “En Marea”. A principal: a que existe entre un proxecto centrado no país, representado por Anova e a maioría das “mareas” municipais, e outro deseñado en clave española. Porén, se fomos capaces de conviver no seo do BNG durante 34 anos, non seremos quen de acordarmos un programa de mínimos para as próximas eleccións galegas? Se actualmente gobernamos co PSOE tres das catro Deputacións provinciais sen conflitos aparentes, acaso non seremos quen de partillar o goberno galego con forzas coas que, a priori, as diferenzas son ben menores?
En consecuencia, a xestora do BNG debe iniciar de imediato conversas con En Marea e cos partidos e organizacións que dela fan parte con vistas a confluír nunha candidatura unitaria nas próximas eleccións galegas.
Con todo, e para evitar que confluencia volva fracasar, cumpre oferecer e esixir probas de boa-fe. Cumpre, en concreto, abrir unha nova xeira de cooperación entre o BNG e o espazo das Mareas nas institucións onde un e outras partillamos representación: nos gobernos municipais, nos gobernos provinciais e no Parlamento galego. Só deste modo, demostrando na práctica diaria que o traballo conxunto é posíbel, poderase construír unha confluencia real a través dunha candidatura conxunta.
  1. O imprescindíbel: a refundación do nacionalismo de esquerda
Non debemos confundir os meios cos fins. Desde hai máis de cento e cincuenta anos moitas xeracións de galegos e galegas traballaron (traballamos) para construír unha Galiza soberana, próspera e xusta. Eses seguen a ser os nosos fins en 2016. Mais non sempre empregaron as mesmas ferramentas políticas, conscientes de que as organizacións son iso: medios. Nen máis nen menos. Por valiosos que nalgún momento foran, os modelos organizativos – partidos, frentes, coaligacións – teñen os seus propios ciclos vitais. Cumpre recoñecelo sen por iso rachar coa continuidade histórica do proxecto nacionalista.
Do mesmo xeito que os mozos e mozas que nos anos sesenta do século pasado refundaron o nacionalismo galego non optaron por reviver o Partido Galeguista da II República (sen por iso renegaren da súa herdanza), hoxe debemos recoñecer que o ciclo político do BNG rematou e, con el, o das organizacións (Abrente, UPG, MGS) que del fan parte. Que os novos tempos reclaman de nós novas fórmulas políticas, sen por iso renegarmos do legado do BNG.
En consecuencia, a xestora do BNG iniciará de imediato contactos con todas as organizacións (políticas, sociais, sindicais) e persoas individuais que se reclamen nacionalistas con vistas a construír unha nova organización política unitaria e democrática para o nacionalismo de esquerda.